A Federación Internacional de Tríatlon (ITU) deu a coñecer este luns un avance do calendario das Series Mundiais para 2014 no que incluíu varias sorpresas.
Ademais da ausencia por primeira vez en seis anos da proba de Madrid, quedándose España sen ningunha cita da máxima competición deste deporte, a ITU fixou a carreira de Londres para os días 31 de maio e 1 de xuño, mesma data que o Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra.
Esta coincidencia supón un rompedeiro de cabeza para a organización lerezana, pois de celebrar o Mundial os mesmo días reduciríase notablemente a participación dos deportistas británicos e o impacto nas illas, onde o interese por todas as modalidades do tríatlon é moi elevada.
Por outro lado nesta situación sería imposible a participación en Pontevedra de Javier Gómez Noya, recentemente proclamado campión das Series Mundiais.
Ante a situación xerada polo calendario da ITU, a organización do Campionato do Mundo de Dúatlon 2014 estudarase a posibilidade de atrasar a data unha semana, como recoñece o director do Instituto Municipal de Deportes de Pontevedra, Jaime Agulló: "después de Londres hay una ventana de tres semanas hasta la siguiente prueba de las World Series, por lo que sería una opción".
O calendario das Series Mundiais de Tríatlon 2014 quedou configurado da sigueinte xeito: Auckland (5-6 abril), Yokohama (17-18 maio) Londres (31 maio-1 xuño), Chicago (28-29 xuño), Hamburgo (12-13 xullo), Estocolmo (23-24 agosto) e a gran final en Edmonton, Canadá (26 agosto-1 setembro).