Más de 500 afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol achegáronse a Santiago este domingo para apoiar ao equipo no seu encontro contra o Compostela.
A 'Marea Granate' alentou aos xogadores en todo momento e mesmo cantaron o himno a capela no minuto 41.
O persoal respondeu loitando en todo momento por unha vitoria que non chegou e ao concluír o partido achegouse á zona onde a bancada onde estaba a afección pontevedresa para devolverlle o agarimo recibido durante os 90 minutos.