A marinense Silvia Otero contribúe cunha prata ao segundo posto de Galicia no nacional júnior de taekwondo

Marín
04 de xullo 2023

O combinado autonómico colleitou tres ouros, cinco pratas e cinco bronces no campionato de España celebrado en Zaragoza  

Selección galega júnior de taekwondo que participou no campionato de España
Selección galega júnior de taekwondo que participou no campionato de España / Federación Galega de Taekwondo

Os taekwondistas galegos tiveron unha destacada actuación no campionato de España júnior disputado a pasada fin de semana en Zaragoza no que conseguiron un total de 3 ouros, 5 pratas e 5 bronces.

A incrementar o botín galego contribuíu a taekwondista do Mat's de Marín Silvia Otero. A júnior conseguiu unha medalla de prata na categoría de -46 quilos despois de derrotar á catalá Judith Córdoba en cuartos e á andaluza Irene Rodríguez en semifinais. Na final non puido coa manchega Sofía García. 

O medalleiro autonómico complétano Javier Otero, Helena García e Mateo Boudjenane, que se subiron todo o máis alto do podio. As pratas levaron o nome de, ademais de Silvia Otero, de Adrián Davila, Ainhoa Teira, Noa Romero e Carla Sesar. Mentres que o bronce foi para Víctor Videla, Elisa Fernández, Alba Rey, Anxo Vidal e Irene Rodríguez.

Con estes resultados, o combinado galego terminou a súa participación en segunda posición da clasificación xeral. O equipo masculino tamén foi segundo, mentres que o feminino, terceiro.