A necesidade do Villa de Aranda supera ao Cisne nos últimos minutos (26-21)

Pontevedra
21 de abril 2018

Gañou quen máis o necesitaba. Un Cisne con ausencias caeu derrotado en Aranda de Duero por un Villa de Aranda que debía vencer urxentemente para escapar dos postos de descenso e conseguiuno nun partido no que os pontevedreses non estiveron ben, sendo superados polo conxunto local, que sen facer un gran partido, chegou con máis "gasolina" aos instantes finais

Partido entre BM Villa de Aranda e Cisne BM Villa de Aranda

Gañou quen máis o necesitaba. Un Cisne con ausencias caeu derrotado en Aranda de Duero por un Villa de Aranda que debía vencer urxentemente para escapar dos postos de descenso e conseguiuno nun partido no que os pontevedreses non estiveron ben, sendo superados polo conxunto local, que sen facer un gran partido, chegou con máis "gasolina" aos instantes finais.

O partido tivo pouca calidade. Villa de Aranda levou a iniciativa, aínda que sempre con rendas moi curtas durante a primeira parte, para irse ao descanso co marcador igualado (12-12).

Mellorou lixeiramente o xogo dos de Jabato na segunda metade, o suficiente para facer concibir esperanzas de regresar cun triunfo que garantise a permanencia, pero as forzas só lle deron para chegar ao ecuador do período final con vantaxe (17-19).

Os últimos quince minutos foron un suplicio para un Cisne que encadeou erros, incapaz de atopar a forma de facer dano á defensa local, o que aproveitou Villa de Aranda para volver remontar, pasando por encima dos pontevedreses neses quince minutos finais, cun parcial elocuente de 9-2, que lle deu a vitoria (26-21).

Consulta as estatísticas do partido entre Villa de Aranda e Cisne na web da Real Federación Española de Balonmán.