A paixón polo baloncesto do Estudiantes Pontevedra

Pontevedra
21 de novembro 2015

O Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra presenta a todos os seus equipos para a presente tempada, na que contan con preto de 150 xogadores nas diferentes categorías

Presentación dos equipos do Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra
Presentación dos equipos do Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra

O Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra afronta con ilusión unha nova tempada deportiva, na que xa se atopan inmersos.

O club pontevedrés presentou este venres a todos os seus equipos, nos que participan preto de 150 xogadores.

Un centenar deles disputan regularmente as competicións organizadas pola Federación Galega de Baloncesto.

Na presentación participaron os integrantes dos equipos das categorías mini, infantil, cadete, junior e senior, ademais dos nenos da escola de baloncesto e o proxecto Nova Escola, competición 3x3 para as categorías prebenxamín, benxamín e alevín na que participan equipos de varios colexios da cidade.