RADIO.- Conversas na Ferrería: Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra

Pontevedra
31 de agosto 2018

As Conversas na Ferrería retoman o chequeo a clubs da cidade que traballan no fomento da igualdade no deporte. Nesta ocasión PontevedraViva Radio charla co Club Baloncesto Estudantes Pontevedra

Integrantes do equipo junior femenino do Estudiantes nas Conversas na Ferrería
Integrantes do equipo junior femenino do Estudiantes nas Conversas na Ferrería / PontevedraViva

No chequeo que PontevedraViva Radio está a facer polo fomento da igualdade no deporte, o podcast queda nesta ocasión co Club Baloncesto Estudiantes Pontevedra. Toman parte na charla Rosi Crespo que é coordinadora e adestradora do Club; Ana Román, ex xogadora profesional é a pedagoga e axudante da adestradora; e as xogadoras Ana Santos, Carmen García, Noelia Fentanes, Ana Brea, Laura Fontán e María Maceiras.

O Estudiantes leva en activo dese hai máis de 30 anos na cidade con equipos desde alevíns ata senior. Nestes momentos traballan no fomento do baloncesto feminino. O ano pasado xa tiñan equipo en cadete e junior; precisamente a pasada tempada as junior conseguiron o ascenso a Primeira División da Liga Galega e esperan esta tempada sacar un equipo pre-mini e outro infantil.

As novísimas xogadoras coinciden nuns comezos temperáns no baloncesto despois de probar outras disciplinas deportivas; ben por irmáns, ben por amizades próximas. Todas teñen claro que queren seguir practicándoo, pero igualmente que non é a súa aspiración de futuro, din nas Conversas na Ferrería.

O Estudiantes está inmerso nun proxecto educativo e deportivo que non só se quere quedar no fomento dos valores esenciais do deporte. Expoñen por exemplo que "o baloncesto sexa unha ferramenta educativa" e sírvalles de axuda para a súa vida diaria; incentivar a igualdade de xénero; xestionar a frustración, o éxito, a derrota, etc. Tamén se contempla axuda aos pais; ou unha iniciativa nova, colaboran cunha academia para compatibilizar as obrigacións escolares coa práctica deportiva.