A peña Furya Granate anuncia a súa disolución

Pontevedra
24 de novembro 2014

O colectivo de afeccionados do Pontevedra Club de Fútbol fora fundado no ano 2001, converténdose na peña con máis presenza no Estadio Municipal de Pasarón e no desprazamentos do equipo granate

Recibimento da afección de Fondo Norte ao Pontevedra antes de comezar o partido co Portugalete
Recibimento da afección de Fondo Norte ao Pontevedra antes de comezar o partido co Portugalete

O derbi provincial ante o Arosa no Estadio Municipal de Pasarón foi o último con presenza da peña Furya Granate, a máis antiga das activas actualmente.

O colectivo de afeccionados anunciou ao termo do encontro a súa disolución alegando, segundo explica un dos seus responsables, cansazo tras máis de 13 anos de existencia.

Os integrantes de Furya Granate seguirán acudindo aos partidos do Pontevedra Club de Fútbol, pero xa non como colectivo, deixando a responsabilidade na animación a outra formación, Mocidade Granate.

Furya Granate fundouse no ano 2001 converténdose na peña que máis se facía notar no estadio lerezano e tamén nos desprazamentos do equipo.