A piscina olímpica contáxiase da paixón pola natación sincronizada

Pontevedra
25 de xuño 2017

Sete clubs galegos toman parte en Pontemuiños durante toda a fin de semana en Campionato Galego de Nivel de Natación Sincronizada

Campionato Galego de Nivel de Natación Sincronizada
Campionato Galego de Nivel de Natación Sincronizada / Diego Torrado

A paixón pola natación sincronizada vívese esta fin de semana na piscina olímpica de Pontemuiños, sede do Campionato Galego de Nivel.

O evento máis importante da sincronizada galega, que serve ademais para preparar a participación para algúns dos equipos no próximo Campionato de España, congrega en Pontevedra a máis de 150 nadadoras.

Sete clubs compiten polos títulos autonómicos nas categorías alevín, infantil e xuvenil, separadas nas modalidades individual, duos, rutinas combinadas e de equipos.

Toman parte na competición, que conclúe este domingo, o Club Natación Sincronizada Pontevedra, Sincro Ferrol, Portamiña de Lugo, Sincro Ourense, RCN de Vigo, Rías Baixas e o anfitrión, o Club Galaico Sincro Pontevedra.