O Cisne segue dando pasos para completar o seu plantel para unha nova tempada na División de Honra Prata do balonmán español e, nas últimas horas, logrou pechar a renovación de dous homes importantes para o equipo: Toño Lafuente e Pablo Galán.
Ambos seguirán defendendo a portería do Cisne un ano máis.
Especialmente significativa é a continuidade de Toño Lafuente, xa recuperado da rotura de ligamento cruzado anterior que o tivo afastado das pistas gran parte da tempada.
O equipo espera contar tamén con Juan Novás como terceiro porteiro, aínda que aínda non está confirmado. O xogador pontevedrés, vén de realizar unha gran campaña e as súas intervencións foron clave para conseguir a vitoria en moitos encontros.
O club celebra ambas as renovacións xa que destacan que simbolizan a continuidade no vestiario e a experiencia de dous porteiros con moitos partidos ás súas costas, algo de vital importancia para a próxima tempada.