Xornada de renovacións no Cisne

Pontevedra
26 de xullo 2016

O club pontevedrés anunciou este martes o acordo de renovación con tres xogadores da canteira: o lateral Fabián González, o extremo Pablo Rey e o pivote Miguel Simón

Fabián González lanzando a portería no Cisne-Atlético Valladolid
Fabián González lanzando a portería no Cisne-Atlético Valladolid

Paso importante do Club Cisne Balonmán, que pretende ter confirmado o seu plantel antes do inicio oficial dos adestramentos, previsto para o luns 1 de agosto.

O club pontevedrés anunciou este martes tres renovacións de xogadores con ADN cineísta, formados na canteira.

Trátase do lateral esquerdo Fabián González (32 anos), o extremo dereito Pablo Rey (22 anos) e o pivote Miguel Simón (23 anos).

Tras estas renovacións o traballo céntrase agora na contratación doutro extremo, posto que aínda se considera pouco cuberto para afrontar as esixencias da tempada na División de Honra Prata, na que aspiran un ano máis a lograr a permanencia.