"Ganas de trabajar" na volta aos adestramentos do Cisne

Pontevedra
01 de agosto 2016

O segundo proxecto do Club Cisne Balonmán na División de Honra Prata púxose este luns en marcha cun novo adestrador ao mando, Jabato, que ve potencial ao seu plantel e augura "mucha competencia" por gañarse un oco no equipo. Faltan por chegar un extremo e "probablemente un jugador más"

Adestramento do Cisne no CGTD
Adestramento do Cisne no CGTD / Cristina Saiz

O segundo proxecto consecutivo do Cisne na División de Honra Prata de balonmán é xa unha realidade. Cun novo adestrador ao mando, Jabato, os pontevedreses iniciaron este luns a pretemporada con caras novas e sobre todo "ganas de trabajar".

Así o recoñeceu o novo técnico, satisfeito cun plantel na que cre "va a haber mucha competencia", o que ve positivo porque "los jugadores tendrán que ganarse los minutos en pista".

A pesar de estar contento co seu equipo Jabato advirte da dificultade da categoría, na que "otros equipos también han mejorado y la competencia será difícil".

O Cisne empezou os adestramentos co plantel case pechado, pero non do todo, xa que falta por chegar un extremo dereito e "posiblemente algo más para completar" asegurou o presidente, Santi Picallo, na presentación de Pablo Gayoso como novo xogador do club celebrada no Hotel Galicia Palace de Pontevedra.

Catro foron as fichaxes que reforzan ao equipo coa intención de non pasar os apuros da última campaña, cando lograron a permanencia na última xornada. Son o mencionado de Pablo Gayoso (Octavio), Xosé Canedo (Sinfín), Andrés Sánchez (Alarcos) e David Chapela (Teucro).