Boas sensacións que disparan o optimismo no Cisne

Pontevedra
11 de agosto 2016

O club pontevedrés presentou este xoves ás súas dúas últimas incorporacións, os primeira liñas Alejandro Conde (Academia Octavio) e Xosé Canedo (Go Fit), que xa fora anunciado con anterioridade. O primeiro amigable de pretempada, este sábado 13 de agosto na Coruña ante o Juanfersa Gijón

O Hotel Galicia Palace acolleu a presentación de Conde e Canedo como novos xogadores do Cisne
O Hotel Galicia Palace acolleu a presentación de Conde e Canedo como novos xogadores do Cisne / PontevedraViva

A poucos días do seu primeiro partido amigable da pretemporada, o sábado na Coruña ante o Juanfersa Gijón, o Club Cisne Balonmán destila optimismo para afrontar a que será a súa segunda campaña na División de Honra Prata.

Así polo menos mostrouse unha das dúas fichaxes presentadas este xoves, Xosé Canedo, que tras unha semana de adestramentos co equipo asegura ver "a la gente muy metida", o que lle fai pensar "asegurar la permanencia y luego ya veremos".

É a opinión dun xogador que a pasada campaña militaba na máxima categoría (Go Fit Sinfín), aínda que o seu adestrador, Jabato, declárase "más realista" e primeiro quere "asegurar la permanencia y luego ya veremos".

Canedo, cuxa fichaxe fora anunciada con anterioridade, compareceu ante os medios xunto á última incorporación do equipo, o lateral de 19 anos Alejandro Conde, que chega ao club procedente do Academia Octavio, onde coincidiu co que vai ser de novo o seu adestrador. "Me hizo debutar en la B y cuando me llamó no me lo pensé", asegurou.

Ambos os xogadores reforzan a primeira liña do equipo, que tras pechar a saída como cedido do gardameta Juan Novás ao Chapela, garda unha ficha libre para tentar "cerrar al ansiado extremo derecho", recoñeceu o presidente cineísta, Santiago Picallo.

O Cisne aproveitou a ocasión ademais para presentar ao segundo adestrador do equipo, Pablo Alemany 'Peque'.