"Viñemos para quedar", avisa un Cisne que mantén prezos na súa nova campaña de socios

Pontevedra
06 de setembro 2016

O club pontevedrés presenta a campaña de socios para a tempada que está apunto de comezar, co lema 'viñemos para quedar' co que pretenden "demostrar que nos merecemos estar en Plata". Ademais a entidade cineísta presentou este martes á súa última incorporación, o extremo Adrián Menduiña

Presentación da campaña de socios do Cisne
Presentación da campaña de socios do Cisne / Mónica Patxot

O Club Cisne Balonmán destila optimismo a poucos días de iniciar a que será a súa segunda campaña na División de Honra Prata, un ano no que queren consolidarse na categoría.

Para iso o primeiro é asegurar o número de socios da pasada campaña, na que "pasamos de 180 a casi 400", recoñece o presidente do club, Santi Picallo, orgulloso de ter "11 jugadores de casa" no plantel.

Por ese motivo decidiron manter os prezos na campaña de socios recentemente presentada, na que avisan aos seus rivais co lema 'viñemos para quedarn'.

Trátase de "demostrar que nos merecemos estar en Plata", explica Montse Fernández, ideóloga xunto ao xogador Pepe Camiña dunha campaña que buscará promocionar o balonmán nas rúas da cidade con diversas accións, como a prevista para este xoves na céntrica Praza da Peregrina.

Os abonos, que poden solicitarse a través da web www.clubcisne.es ou no correo electrónico [email protected] para retirse despois os días de partido no CGTD, quedan da seguinte maneira, permitindo o acceso aos partidos de liga e Copa do Rei:

CATEGORÍA PRECIO
Adulto 60 euros
Familiar 50 euros
Xubilados 40 euros
Universitario 30 euros
Junior 10 euros
Simpatizante 10 euros

 

FICHAXE DE ADRIÁN MENDUIÑA

O club pontevedrés presentou tamén á súa última incorporación, o extremo Adrián Menduiña, co que dá por pechado o plantel.

O xoven xogador, que procede do Luceros de Primeira Nacional, que foi a pasada campaña o máximo goleador nacional contando todas as categorías nacionais.

Na súa primeira comparecencia como xogador do Cisne Menduiña sinalou que aceptou a oferta pola posibilidade de ascender de categoría e ser "una oportunidad que no podía dejar escapar".