Os pontevedreses miden a súa puntería co Cisne

Pontevedra
08 de setembro 2016

O club pontevedrés saíu este xoves á rúa en busca de apoios a poucos días de iniciar a súa segunda campaña na División de Honra Prata de balonmán cun partido ante o Gijón Jovellanos no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

O Cisne saca o balonmán á rúa
O Cisne saca o balonmán á rúa / Mónica Patxot

Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma vai á montaña. Cos esa filosofía o Club Cisne Balonmán quixo achegar o seu deporte a todos os pontevedreses sacándoo á rúa.

Por se gundo ano consecutivo o club pontevedrés quixo medir a puntería dos seus veciños convertendo a céntrica Praza da Peregrina nunha cancha improvisada de balonmán.

Tratábase de promocionar a campaña de socios da entidade e buscar apoios cando está a piques de empezar a súa segunda tempada na División de Honra Prata.

Xogadores do primeiro plantel animaron a participar aos pontevedreses que pasaban pola zona, ademais de pedir o seu apoio para a estrea ligueira do próximo sábado (18:00 horas) ante o Gijón Jovellanos no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.