A pretempada do Pontevedra continúa cos amigables ante Deportivo e Compostela

Pontevedra
04 de outubro 2020

O Pontevedra Club de Fútbol continúa coa súa posta a punto para chegar nas mellores condicións ao primeiro partido de liga que se disputará o 18 de outubro fronte ao Racing de Ferrol na Malata

Amigable entre o Celta B e o Pontevedra en Barreiro
Amigable entre o Celta B e o Pontevedra en Barreiro

O Pontevedra Club de Fútbol continúa coa súa posta a punto para chegar nas mellores condicións ao primeiro partido de liga que se disputará o 18 de outubro fronte ao Racing de Ferrol na Malata.

Despois da suspensión do encontro que se ía a disputar o pasado sábado fronte á UD Ourense e suspendido por un posible caso de covid nas filas ourensás, os de Jesús Ramos seguen sumando datas ao seu calendario de pretemporada con dous partidos esta semana.

Con tres de tres vitorias ás súas costas (Coruxo, Celta B e Estradense), o conxunto granate tentará seguir na mesma liña ata o momento e continuar coa moral alta para afrontar a nova tempada.

O primeiro rival do Pontevedrá, tal e como se confirmou o pasado sábado, será o Deportivo da Coruña. O duelo fronte ao recentemente descendido disputarase o mércores 7 en Pasarón a porta pechada.

Pola súa banda, o sábado 10 de outubro (12:00 horas) mediranse ao Compostela no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro no que será o quinto partido de pretemporada para os granates.