Fin de semana de motor en Ribadumia coa segunda edición do RallyMix Concello de Ribadumia, proba incluída dentro do campionato galego da especialidade.
Javier Ramilo impúxose nunha carreira que dominou grazas á súa gran regularidade, e é que o piloto de Yacar Racing non foi o máis rápido en ningunha das cinco mangas cronometradas oficiais, pero acabou en postos de podio en catro delas e na outra asinou o cuarto posto.
Grazas a iso avantaxou en 27.288 segundos a Manuel Osorio (Cuntis Vila Termal) e en 37.316 segundos a Alejandro Fariña (Desguaces Tino Racing), segundo e terceiro respectivamente na clasificación final.
Os pilotos, cunha alta participación, completaron tres mangas ao trazado de case 12 quilómetros deseñado por asfalto e terra durante a xornada do sábado e dous máis na mañá deste domingo 23 de xuño.
Consulta aquí a clasificación oficial final do II RallyMix Concello de Ribadumia.