A repetir xesta no Sardinero

Pontevedra
03 de setembro 2016

Pouco que perder e moito por gañar. O Pontevedra desprázase ata Santander para enfrontarse ao Racing coa intención de repetir a xesta da tempada pasada, na que os de Luisito realizaron un dos seus mellores partidos a domicilio, conseguindo regresar cos tres puntos

Adestramento de pretempada do Pontevedra en Poio Mónica Patxot

Pouco que perder e moito por gañar. O Pontevedra desprázase ata Santander para enfrontarse ao Racing coa intención de repetir a xesta da tempada pasada, na que os de Luisito realizaron un dos seus mellores partidos a domicilio, conseguindo regresar cos tres puntos.

Os cántabros, moi renovados con respecto ao ano anterior, volven ser un dos máximos favoritos para o ascenso, de aí a importancia que tería especialmente en forma de autoconfianza para os granates, conseguir rabuñar un resultado positivo.

Tras un lixeiro adestramento matinal, este sábado antes da partida, o técnico de Teo facilitou a lista de convocados para este complicado e atractivo desprazamento. Sen apenas sorpresa nin novidades, e con todos os xogadores á súa disposición, Luisito decidiu descartar a Miki, Adrián e Bruno, polo que os 18 convocados son: Edu, Santi Canedo, Miguel Loureiro, Bonilla, Jacobo Trigo, Portela, Kevin Presa, Íker Alegre, Álex Fernández, Mario Barco, Abel, David Añón, Capi, Gonzalo, Mouriño, Mateo, Álex González e Jacobo Millán.

O partido, que se disputará nos campos de Sport do Sardinero, dará comezo ás 19:00 horas deste domingo, e será dirixido polo colexiado Xabier Gómez Landazábal (Vasco), auxiliado nas bandas por Javier Marrón Rodríguez e Ekaitz García Arriola.