A resonancia magnética descarta "fractura ósea aguda" no nocello de Rufo, pero estará varias semanas de baixa

Pontevedra
27 de outubro 2021

O Pontevedra Club de Fútbol emitiu este mércores un novo parte médico trala última proba realizada ao dianteiro, elevenado levemente a gravidade da súa lesión a un esguince de "grado II-III" que lle terá varias semanas afastado dos terreos de xogo

Rufo celebra un dos seus goles no partido de Segunda RFEF entre o Pontevedra CF e o Llanera en Pasarón
Rufo celebra un dos seus goles no partido de Segunda RFEF entre o Pontevedra CF e o Llanera en Pasarón / Cristina Saiz

Rufino Familiar 'Rufo' estará varias semanas afastado dos terreos de xogo pola lesión de tobillo que se produciu nos últimos minutos do encontro contra a Gimnástica Segoviana.

Así se desprende do parte médico emitido polo Pontevedra Cub de Fútbol este mércores tras coñecer o resultado da resonancia magnética á que foi sometido o dianteiro.

Esta proba elevou lixeiramente a gravidade da dolencia a unha "escordadura de grado II-III con edema óseo postraumático en astrágalo", aínda que por fortuna descarta "fractura ósea aguda", un dos temores trala aparatosa lesión sufrida por caer un contrario sobre o seu pé apoiado nunha acción de xogo.

Aínda que os servizos médicos da entidade granate prefiren non fixar prazos concretos para o seu regreso, asegurando que "seguirá tratamento médico e rehabilitador e o tempo de baixa oscilará en función da evolución", o certo é que se trata dun problema físico que todo apunta lle terá varias xornadas de baixa.

O que é seguro canto menos é que o goleador non poderá repetir no once no encontro que medirá o vindeiro domingo (17.00 horas) en Pasarón ao Pontevedra co Coruxo.