A Ruta BTT Cidade de Pontevedra terá cuarta edición en abril

Pontevedra
08 de marzo 2017

A proba ciclista popular realizarase o domingo 2 de abril baixo a organización do Club Ciclista Farto, que xa abriu o período de inscrición

III Ruta BTT Cidade de Pontevedra Diego Torrado

Os afeccionados á bicicleta de montaña teñen unha cita na cidade de Lérez o vindeiro domingo 2 de abril, data escollida para a celebración da IV Ruta BTT Cidade de Pontevedra.

Organizada polo Club Ciclista Farto, a proba popular partirá con en anteriores edicións desde a Avenida Montero Ríos, no centro da cidade, para percorrer nesta ocasión 35 quilómetros e finalizar no mesmo punto.

Trátase dunha ruta cualificada con dificultade media, que aspira a superar os 400 participantes do pasado ano.

A organización abriu o prazo de inscrición, que pode formalizarse cun prezo de 10 euros a través da web www.cronocheck.com ou en téndaa Bicicletas Farto.

A recollida de dorsais habilitarase desde o 1 de abril, de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas na propia tenda ou o mesmo día da carreira nas inmediacións da saída desde as 8:30 horas.