A segunda edición do ciclocrós Con da Romaíña reúne a 400 ciclistas este sábado en Sanxenxo

Sanxenxo
18 de novembro 2021

O circuíto do parque empresarial de Nantes foi modificado para que a proba, que comezará ás 13.30 horas, sexa máis vistosa

Presentación da segunda edición do ciclocross Con da Romaíña
Presentación da segunda edición do ciclocross Con da Romaíña / Concello de Sanxenxo

O parque empresarial de Nantes acollerá este sábado, 20 de novembro, o II Ciclocrós Con da Romaiña. Unha proba deportiva, organizada polo Club Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo e a Federación Galega de Ciclismo, que concentrará a un total de 400 participantes de distintos puntos de Galicia e España.

O circuíto que conta cunha lonxitude de 2,5 quilómetros modificouse este ano para conseguir que a competición fose máis vistosa para o público asistente con fortes pendentes de subida e baixada. As categorías, dividas en masculina e feminina, competirán a partir das 13.30 horas en distintas mangas de cadete, junior, elite, máster 30, máster 40, máster 50 e máster 60.  

Ademais dos trofeos entregaranse premios en metálico para a categoría Elite feminino e masculina: 1º Premio, 100 euros; 2º Premio, 60 euros; 3º Premio, 40 euros; 4º Premio, 30 euros e 5º Premio, 15 euros.

O concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, acompañado do presidente do Club Corbelo, Iván Pérez, visitou a zona na que se celebrará a competición e que xa conta cos itinerarios delimitados. “O ciclismo conta cun gran número de seguidores no municipio e enriquece nosa oferta deportiva que é cada vez máis ampla. Esta proba veu para quedarse e o entorno é unha bos mostra da beleza do noso patrimonio natural”, asegura Arousa.