A Selección Española Sub-17 de voleibol fíxase na pontevedresa Laura Dios

Pontevedra
12 de febreiro 2020

A xogadora do Club Voleibol Pontevedra forma parte das 12 xogadoras que o seleccionador nacional, Jorge Barrero, convocou para concentrarse en Soria do 21 ao 25 de febreiro

Laura Dios, durante a súa etapa infantil
Laura Dios, durante a súa etapa infantil / Club Voleibol Pontevedra

A pontevedresa Laura Dios chamou a atención dos técnicos da Federación Española de Voleibol.

A xogadora do Club Voleibol Pontevedra acaba de ser convocada polo equipo nacional Sub-17 para participar na concentración que levará a cabo do 21 ao 25 de febreiro en Soria.

Laura é unha das 12 xogadoras citadas polo seleccionador Jorge Barrero, sendo a única representante galega na lista.

Estas xornadas de adestramento enmárcanse dentro da preparación do torneo clasificatorio para o Campionato de Europa da categoría.

O Europeo, gran reto da tempada para o equipo nacional, disputarase do 1 ao 8 de agosto en Montenegro, toda unha experiencia que está ao alcance desta xoven pontevedresa.