A semana máis complicada para o Peixe Galego

Marín
28 de novembro 2016

Sen apenas tempo para dixerir a avultada derrota en Palencia (94-61)a> ante o actual campión da liga LEB Ouro, o Peixe Galego recibe este martes (21:00 horas) a outro dos equipos da zona alta da clasificación, o Actel Força Lleida

Javi Llorente no banco do Peixe Galego no partido de liga ante Calzados Robusta
Javi Llorente no banco do Peixe Galego no partido de liga ante Calzados Robusta / Diego Torrado

Sen apenas tempo para dixerir a avultada derrota en Palencia (94-61) ante o actual campión da liga LEB Ouro, o Peixe Galego recibe este martes (21:00 horas) a outro dos equipos da zona alta da clasificación.

Os marinenses enfrontaranse na Raña ao Actel Força Lleida, sexto clasificado pero a só un triunfo do liderado, que xa ocupou esta tempada.

O cadro catalán, iso si, chega a Marín despois de tres derrotas consecutivas. De todos os xeitos os de Javi Llorente necesitarán recuperar a súa mellor versión, especialmente en defensa, para buscar un triunfo que lles afaste dos postos de descenso.

No aspecto positivo, o Peixe deixou atrás a praga de lesións que minguou o seu rendemento nalgunhas xornadas, xusto nunha semana que é unha das máis esixentes da tempada, xa que este venres (20:45 horas) volverán ter partido de liga na cancha do poderoso Breogán de Lugo, actual líder da competición.