A Real Federación Española de Atletismo fixo públicos este mércores os estadillos para a Copa de España de Clubs da tempada 2020. Os equipos masculinos e femininos do equipo pontevedrés partían na mesma posición do ranking, a décimo terceira, polo que competirán no segundo mellor grupo.
No evento, que terá lugar o 5 e 6 de novembro no estadio Vallehermoso de Madrid, a formación feminina da Ximnástica, que parte con 15.452 puntos, terá que verse as caras con catro equipos de División de Honra: AA Catalunya, Cova de Nerja, CA Valladolid e Universidade de León Sprint; así como con tros tres de Primeira División, a categoría das ximnásticas: Atletismo Alcorcón, Tenerife CajaCanarias e Mocidade Atlética Elxe.
Pola súa banda, a escuadra masculina, que inicia a competición con 17.133 puntos, medirase co Tenerife CajaCanarias, o Suco Lucena, o Cova de Nerja, o AA Catalunya, o Atlétismo Intec- Zoiti, o RC Celta e o CA Gandía.
Debido ás condicións marcadas pola Covid-19, a competición será nunha soa xornada na que se concentrarán todas as probas. Os resultados non serán representativos, xa que non haberá nin ascensos, nin descensos de categorías. Con todo, si valerá como un bo test de nivel para os atletas que se enfrontarán contra os mellores de España.