Entre Jelena Budimir (13), Chantel Charles (12) e Arantxa Mallou (8), capturaron os mesmos rebotes que todo a Universidad de Oviedo (33). O dominio baixo taboleiros foi a clave dunha vitoria do Arxil máis complicada do esperado. 49 rebotes en total (16 máis que as asturianas) sentenciaron un partido que non se decidiu ata o último cuarto, cando as pontevedresas inspiráronse en ataque á vez que axustaban unha defensa ata entón irregular.
Chegaba o pechacancelas ao CGTD. As ovetenses non coñecen a vitoria aínda na presente liga, pero sorprenderon de inicio anotándose o primeiros dez minutos de xogo cun inesperado 17-19. Ao Arxil custáballe defender, cometendo numerosas perdas que lle penalizaban.
As mozas de Mayte Méndez corrixían no segundo cuarto, que dominaron por 19-12, para irse ao descanso cun curto 36-31.
Pero á volta de vestiarios regresaron os erros que permitiron ás asturianas levar o parcial por un mínimo 16-17, que lles daba esperanzas (52-48). Ata alí chegou a sorpresa. Arxil púxose serio e atopou en Cristina Díaz Pache a súa mellor arma ofensiva (18 puntos e 22 de valoración cun 70% de efectividade en tiros de campo), para escaparse con firmeza, anotarse o parcial por un claro 24-13 e terminar gañando (76-61).
Consulta as estatísticas do Arxil-Universidad de Oviedo nesta ligazón.