A véspera de Reis é sinónimo de atletismo en Pontevedra

Pontevedra
05 de xaneiro 2024

A sexta edición do Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas congregou este venres 5 de xaneiro preto de medio milleiro de deportistas de todas as idades na pista do Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Hugo Casañas, no VI Torneo de Reis de Atletismo no CGTD PontevedraViva

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra foi escenario este venres 5 de xaneiro dunha xornada festiva para o atletismo galego.

Alí celebrouse a sexta edición do Torneo de Reis organizado polo Club Atletismo Rías Baixas.

Na competición, primeira en pista ao aire libre do ano recentemente iniciado, déronse cita preto de medio milleiro de deportistas de todas as idades, cunha programación que arrincaba ás 10.30 horas e prolongábase ata a hora para comer.

Tamén había espazo para o deporte adaptado, cunha nova oportunidade de ver en acción a Gustavo Dacal no que son os seus primeiros compases dentro do deporte paralímpico.

Ninguén se quixo perder a xornada, tampouco uns Reis Magos que incluíron a pista do CGTD na visita previa á súa gran noite.