A Volta Galicia 2024 presenta o seu percorrido, con Sanxenxo como etapa final

Sanxenxo
05 de setembro 2024

Farao cunha etapa de 127,5 quilómetros de percorrido con saída en Sanxenxo e meta en Portonovo que decidirá a clasificación final da volta ciclista o domingo 15 de setembro

Presentación da XXII Volta Ciclista a Galicia
Presentación da XXII Volta Ciclista a Galicia / Xunta de Galicia

A XXII Volta Ciclista a Galicia decidirase en Sanxenxo.

A localidade pontevedresa a cuarta, última e decisiva etapa da rolda ciclista autonómica, que se celebrará entre os días 12 e 15 de setembro.

Os detalles da carreira foron revelados na súa presentación oficial.

Tras arrincar cunha contrarreloxo individual e unha etapa en liña na localidade luguesa de Sarria, a Volta Galicia pasará tamén por Xinzo de Limia antes de decidirse nas estradas da comarca.

A cuarta e última etapa da carreira, o domingo 15 de setembro e con 127,7 quilómetros de percorrido, partirá de Sanxenxo e terá a súa meta en Portonovo. Entre medias, dúas ascensións puntuables ao monte Lobeira (3ª categoría) e ao Monte Castrove (2ª), esta última a apenas 30 quilómetros de meta.

Na XXII Volta Ciclista a Galicia participarán un total de 18 equipos entre os que se atopan o Supermercados Froiz, Equipo Cortizo, Vigo Rías Baixas, High Level G. Tormo, Lasal Cociñas-Craega, Team Oiense Escuela Estévez, Retelec Ambilampe e o Club Ciclista Vigués, ademais de formacións de Madrid, Navarra, Estremadura, Cantabria, Castela-León e Aragón e tamén chegadas do estranxeiro, concretamente de Portugal, Francia e Colombia.