A xaponesa Saki, terceira saída no Poio Pescamar

Poio
24 de xuño 2024

A xogadora nipoa non renovará co Poio Pescamar, poñendo fin á súa etapa dunha tempada no conxunto conserveiro

Partido de liga entre Poio Pescamar e Futsal Alcantarilla na Seca
Partido de liga entre Poio Pescamar e Futsal Alcantarilla na Seca / Cristina Saiz

Terceira baixa no Poio Pescamar, que planifica xa a que será unha nova tempada na elite do fútbol sala nacional.

Trátase de Saki Yotsui, que non renovará co conxunto conserveiro poñendo fin dese modo á súa etapa dunha tempada na Seca.

A xogadora xaponesa aterrou no conxunto conserveiro o pasado mes de outubro procedente do Burela, e pronto se converteu nunha futbolista con moitos minutos sobre a pista.

Xogou en total 33 encontros esta campaña, 5 como titular, nos que anotou 7 goles e repartiu 4 asistencias entre as diferentes competicións.

Saki únese a unha lista de saídas na que xa figuraban Lara Balseiro e Carla Ayensa, esta última tras confirmada tras anunciar o Ourense Ontime a súa fichaxe.