A ximnasta Melania Rodríguez representará a España no mundial de Toquio

Pontevedra
14 de outubro 2019

Será o segundo campionato do mundo de categoría absoluta no que participe e irá acompañada dos seus compañeiros de equipo, o Ximnasia Pontevedra, Alejandro Bernárdez, Daniel Pérez e o adestrador Pablo Hinojar

Melania Rodríguez e o seu adestrador, pablo Hinojar, na Copa do Mundo de Valladolid
Melania Rodríguez e o seu adestrador, pablo Hinojar, na Copa do Mundo de Valladolid

O campionato do mundo de ximnasia acrobática, na modalidade de trampolín, disciplina que será olímpica o próximo verán; celébrase en Toquio entre o 28 de novembro e o 1 de decembro. Entre os once integrantes da delegación española figura a pontevedresa Melania Rodríguez, que esta tempada marcouse o ambicioso obxectivo de clasificarse para Pequín. Non será a única deportista lerezana na capital nipoa, acompáñana os seus compañeiros de equipo, o Ximnasia Pontevedra, Alejandro Bernárdez e o ourensán Daniel Pérez, así como o seu adestrador e seleccionador nacional, Pablo Hinojar.

Será a segunda participación de Melania Rodríguez nun campionato do mundo en categoría absoluta. O ano pasado en San Petersburgo, a prometedora ximnasta fíxose coa prata en dobre mini-trump. Esta vez, a pontevedresa sobe a aposta e competirá tamén en trampolín en busca dun sitio no podio. Os seus outros dous compañeiros farano en dobre mini-trump.

Antes de poñer rumbo ao país asiático, os tres ximnastas da escuadra da Boa Vila participaron en Valladolid nunha proba da Copa do Mundo a pasada semana. Nas súas disciplinas, Alejandro Bernárdez foi duodécimo e Daniel Pérez, décimo sétimo. Mentres que Melania foi incapaz de meterse nas finais de dobre mini-trump, acabou novena; nin na de trampolín, foi trixésimo sexta.