A ximnástica Isabel Caeiro inaugura o seu medalleiro nacional cun bronce nos 3.000 metros lisos

Pontevedra
07 de marzo 2023

A corredora lucense acabou en terceira posición na proba do campionato de España de atletismo sub 20 celebrado a pasada fin de semana en Sabadell

Isabel Caeiro, xunto a un técnico da Gimnástica, no nacional sub 20 de atletismo
Isabel Caeiro, xunto a un técnico da Gimnástica, no nacional sub 20 de atletismo

O Campionato de España de atletismo de categoría sub 20 celebrado a pasada fin de semana en Sabadell contou coa única representación por parte da Sociedade Ximnástica da atleta Isabel Caeiro, que conseguiu unha meritoria terceira posición na proba dos 3.000 metros lisos. 

A ximnástica só foi superada pola corredora do FC Barcelona, Ambar Tomás; e a do Praias de Castelló, Mariam Benkert.

Trátase da primeira medalla conseguida pola atleta lucense nun campionato de España, un logro co que "había fantaseado" pero que agora que o conseguiu "non teño palabras para contalo", compartiu nas súas redes sociais.

Ao mesmo tempo, en Vigo celebráronse os campionatos galegos de lanzamentos longos de categoría sub 16, sub 18 e sub 20 no que a Ximnástica conquistou tres medallas de prata. As logradas por Anxo Filgueira en martillo, Eloy Acuña en disco e Xiana Miniño en xavelina. 

Por outro, na Pobra do Caramiñal, as atletas de categoría sub 16 quedaron subcampioas galegas no Campionato Galego de Campo a través con 44 puntos.