A xornada entre Pontevedra e Rápido de Bouzas, en Xoves Santo

Pontevedra
12 de abril 2019

A Real Federación Española de Fútbol confirmou o horario da xornada 34 de liga, que enfrontará a Pontevedra e Rápido de Bouzas, e que se xogará o xoves 18 de abril ás 17:00 horas no Estadio Municipal de Pasarón

Partido entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales
Partido entre Rápido de Bouzas e Pontevedra no Baltasar Pujales / Diego Torrado

Semana Santa de paixón e fútbol en Estadio Municipal de Pasarón. Aínda que a actualidade informativa e o foco de atención está aínda no derbi provincial do próximo domingo en Coruxo, a Real Federación Española de Fútbol confirmou os horarios da xornada 34 de competición.

Ese partido, que enfrontará a Pontevedra Club de Fútbol e Rápido de Bouzas adiántase ao xoves 18 de abril, Xoves Santo. Así o ha  decicido a directiva granate tras consultalo co seu rival e esperando desta forma que se consiga unha boa entrada no coliseo pontevedrés.

O duelo, último derbi da tempada, disputarase ás 17:00 horas.

Ademais deste partido, o que enfrontará a Real Madrid Castilla e Fabril tamén se xogará o día 18, quedando o resto da xornada para a fin de semana.

ÁLEX GONZÁLEZ MANTENSE COMO DÚBIDA

En canto ao  enfretamiento máis inmediato, o de Coruxo, a única dúbida coa que conta Luismi no Pontevedra é a de Álex González, que con problemas musculares no isquiotibial segue traballando a menos ritmo que os seus compañeiros.

"Se va encontrando mejor pero vamos a esperar. Hay que ser precavidos con su lesión", recoñeceu o técnico, que aínda non o descarta. Con todo, todo apunta a que o extremo non forzará pensando no tramo final da tempada.