A Xunta garante aos deportistas con aspiracións olímpicas que o seu programa de axudas "seguirá plenamente vixente"

Pontevedra
25 de marzo 2020

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, ve acertada a decisión de aplazar ata 2021 os Xogos Olímpicos de Tokyo porque "nuestros deportistas clasificados y los que estaban en la carrera olímpica, así como los de otros estados, se encontraban en una situación de desventaja por el confinamiento derivado de la declaración del estado de alarma por la crisis del coronavirus"

José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia
José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia / Xunta de Galicia

O secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ve acertada a decisión de aprazar ata 2021 os Xogos Olímpicos e Paralímpicos de Tokyo, tal e como anunciou o Comité Olímpico Internacional (COI), porque "os nosos deportistas clasificados e os que estaban na carreira olímpica, así como os doutros estados, atopábanse nunha situación de desvantaxe polo confinamento derivado da declaración do estado de alarma pola crise do coronavirus".

O máximo responsable do deporte a nivel autonómico sinalou tras coñecer a noticia que "con este aprazamento entendemos que se facilita que todos os atletas, independentemente de onde residan, poidan chegar nas mellores condicións e cunha maior igualdade".

Agora ábrese un novo período no que os deportistas con aspiracións quedan á expectativa en moitos aspectos, como saber que pasará coas axudas económicas que perciben para prepararse nas mellores condicións posibles.

Neste sentido, Lete confirmou que "seguimos e seguiremos apoiando aos deportistas e, por tanto, o programa de axudas á preparación deportiva para os Xogos de Tokyo seguirá plenamente vixente".