Boas sensacións no arranque de ano para Aarón González no seu camiño cara ao gran obxectivo da tempada, revalidar o seu título de campión nacional.
O púxil do Team Thunder de Marín acudiu a fin de semana xunto ao seu compañeiro Mario Peteiro a unha velada de boxeo celebrada no Hotel Alcora de Sevilla, cunha programación de oito combates de boxeo olímpico e dous de boxeo profesional.
No caso de Mario Peteiro, enfrontouse ao local Narcy e protagonizou un duelo de menos a máis. A súa progresión con todo non tivo a recompensa do triunfo, ao outorgar os xuíces a vitoria ao seu rival.
O resultado positivo da xornada foi o de Aarón González, ao vencer e mostrar unha gran imaxe ante Álex Vega. O deportista marinense demostrou unha notable preparación física e a evolución no seu boxeo debido aos últimos meses de intensa preparación, que incluíron unha estancia en Cuba.