A Federación Española de Boxeo recoñeceu a Aarón González tras o seu bo facer no segundo encontro da Liga Visornets, competición nacional na que participa defendendo á franquía Le Blue Guardamar.
O púxil marinense foi elixido como o mellor da xornada (MVP) no encontro que enfrontou aos seus con The Boxer Club.
Nesta cita Aarón defendeu ao seu equipo no peso medio medíndose a boxeador alxerino Telbirt Badreddine, rival fisicamente con máis corpo que lle puxo contra as cordas, pero o campión de España repúxose para terminar dominando e dar a vitoria ao seu club.
Ao final Le Blue Guardamar impúxose na xornada da liga nacional por 5-1.
Un inicio de tempada que achega un reforzo de moral para o marinense de cara os próximos obxectivos que aparecen no seu radar.