Satisfacción no Team Thunder polo resultado do I Open Villa de Marín de boxeo

Marín
08 de marzo 2022

O Pavillón da Cañota foi escenario o pasado domingo dunha competición que congregou un bo número de participantes

I Open Vila de Marín de boxeo
I Open Vila de Marín de boxeo / Álvaro Martines / Team Thunder

O pavillón marinense da Cañota gozou o pasado domingo dalgunhas das mellores promesas do boxeo autonómico no I Open Villa de Marín.

Na cita, organizada polo Team Thunder, completáronse un total de 19 combates en formato open, é dicir, aberto a calquera deportista.

No que respecta a a representación local, puidose ver debutar a Denzel E. Cárdenas e tamén a unha das incorporacións deste curso do Team Thunder, o campión autonómico da categoría de 67 quilos Goyo Rubio, presentándose cun triunfo fronte a Alberto Rosales.

Outro debut con vitoria foi o de Jorge Castillo en 80 quilos, participando tamén o marinense Pablo Lubián ademais de Adrián Aguín e Brais Lago, deportistas do club que adestran en Sanxenxo e Bueu e que se enfrontaron entre si.

Por último púidose ver en acción á campioa nacional júnior, Yohana Jiménez, que se mediu a unha púxil de categoría sénior como Nuria Castro, que gañou aos puntos.

A próxima cita competitiva do Team Thunder será en Braga, Portugal, ata onde se desprazarán Pablo Lubián, Raúl Loira, Denzel E. Cárdenas e Aarón González.