Aarón González e Lorea Murgoitio, clasificados para a final do Open Castela e Léon

Marín
02 de novembro 2016

Os boxeadores do Team Thunder de Marín estarán na final do Open, que se celebrará o día 25 de novembro na praza de touros de Valladolid, nunha velada na que se espera a presenza de 5.000 afeccionados

Combate de Aarón González no Open de Castela e Léon
Combate de Aarón González no Open de Castela e Léon / Team Thunder Marín

O Team Thunder de Marín estará presente o próximo 25 de novembro nunha das veladas puxilísticas máis esperadas do final de ano.

Dous dos seus boxeadores, Aarón González e Lorea Murgoitio, clasificáronse para a final do II Open de Castela e Léon, unha velada que se disputará na praza de touros de Valladolid e na que se espera a presenza de ata 5.000 afeccionados. Ademais será rentansmitida en directo por Marca TV e a televisión autonómica leonesa e colaborará economicamente coa Asociación Española Contra o Cancro.

Lorea terá que enfrontarse Mari Carmen Madueño, boxeadora andaluza que estivo concentrada estes últimos anos coa selección española no Centro de alto Rendemento de Murcia.

Pola súa banda Aarón pelexará polo título do Open tras eliminar ao gaditano Jesús Pérez nun emocionante combate e ao murciano Gosha Bondarenko, membro do equipo nacional de boxeo olímpico.

O vindeiro sábado o equipo volve á competición coa participación nos cuartos de final do torneo Spanish Leyends, onde Lorea enfrontarase a Eneritz Borinaga e Aarón González terase que xogar o pase á semifinal contra José Suero.

A nota negativa dos últimos días para o club marinense foi a grave lesión que sufriu Pablo Vilarreal no Campionato de Clubs celebrado en Padrón, unha rotura do tendón de aquiles que lle supuxo perder por K.O. técnico un combate que lle estaba sendo favorable.