Aberto o prazo de inscrición para o Media Maratón do próximo 20 de outubro

Pontevedra
24 de setembro 2013

A organización, a cargo un ano máis da Sociedad Gimnástica, aspira a aumentar a participación do pasado ano, no que correron en Pontevedra 1.244 deportistas

O Media Maratón Serviocio Cidade de Pontevedra xa visualiza a data na que cumprirá a súa maioría de idade, o próximo 20 de outubro.

Son 18 anos da proba organizada pola Sociedad Gimnástica, última cita nesta ocasión do Circuíto de Carreiras Populares, nas que a participación non deixou de crecer.

Por ese motivo abriuse oficialmente a inscrición da próxima edición, na que se espera aumentar a presenza de corredores do pasado ano, cando 1.244 deportistas tomaron a saída nas inmediacións do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Para poder anotarse na proba, os intereados poden facelo a través da páxina web www.championchipnorte.com.