Os abonados de Fondo Sur serán recolocados en Preferencia contra o Racing de Ferrol

Pontevedra
18 de decembro 2025
Actualizado: 14:46

Así o confirmou o Pontevedra tras ser declarado o partido como de 'alto risco'. Toda a afección ferrolá estará situada nese Fondo Sur, e os despachos de billetes non abrirán o día do partido

Partido de Primera RFEF entre Pontevedra CF e Racing de Ferrol en Pasarón
Partido de Primera RFEF entre Pontevedra CF e Racing de Ferrol en Pasarón / Cristina Saiz

A declaración de 'alto risco' para o partido entre Pontevedra Club de Fútbol e Racing de Ferrol, decretada pola Comisión Antiviolencia, traerá consigo diversos aspectos a ter en conta e que empezaron a ser revelados pola entidade granate.

Esta decisión, ademais dun importante reforzo no dispositivo de seguridade para o encontro, establece a obriga de separar por completo ás afeccións de ambos os dous equipos.

Por ese motivo o Pontevedra confirmou este xoves que recolocará os seus abonados de Fondo Sur na bancada de Prerencia, deixando ese fondo por completo a disposición dos afeccionados que se despracen desde Ferrol.

Esto débese entre outras cousas á previsión dun importante desprazamento visitante ao coincidir o partido no medio das festas do Nadal.

Cabe lembrar que o duelo entre Pontevedra e Racing de Ferrol disputarase o sábado 3 de xaneiro ás 16.30 horas no Estadio Municipal de Pasarón.

Outra das restricións que se adoptarán é o peche dos despachos de billetes o día do partido, unha limitación que se estenderá á venda online o día antes do choque.

Desta forma só será posible facerse cunha entrada para o partido até o venres 2 de xaneiro ás 18.00 horas.

PREZO DAS ENTRADAS E PROMOCIÓN PARA OS SOCIOS

Así mesmo o Pontevedra confirmou o prezo das localidades para o duelo de rivalidade, con promoción para os seus abonados.

Cada socio poderá retirar unha invitación de balde para un acompañante.

No que respecta ao prezo das localidades será o mesmo que en citas recentes salvo para a afección visitante, que pagará 20 euros por entrada.

O resto de boletos custarán 25 euros en Tribuna, 20 en Preferencia e 15 euros en Fondo Norte, do mesmo xeito que as entradas para os menores até os 17 anos de idade.