Abre o prazo de inscrición para o IV Circuíto de Carreiras Populares

Pontevedra
15 de xaneiro 2016

A primeira proba do calendario, a VIII Carreira Pedestre de San Brais, celebrarase o vindeiro domingo 31 de xaneiro. Seis carreiras están incluídas no Circuíto na súa cuarta edición

Saída da VII Carreira Pedestre de San Brais
Saída da VII Carreira Pedestre de San Brais

Co obxectivo de superar os 405 participantes do pasado ano, o cuarto Circuíto de Carreiras Populares (CCCP) abriu o seu prazo de inscrición a poucos días da súa primeira proba.

Os interesados en participar poden anotarse xa a través da web www.championchipnorte.com, abonando unha cota de 30 euros se se conta co chip de cronometraxe e de 45 euros se é necesario adquirilo.

Seis carreira compoñen o calendario, sendo a primeira delas a VIII Carreira Pedestre de San Brais o vindeiro domingo 31 de xaneiro desde as 11:30 horas, momento no que sairán as categorías inferiores, e as 12:30, hora da proba senior.

A saída situarase na contorna do centro comercial de Carrefour cun percorrido de 6.500 metros. O custo de inscrición para esta carreira, fóra do CCCP, é de 5 euros.

Tras San Brais, as seguintes probas do circuíto serán Monte Porreiro (10 de abril), Campañó (28 de maio), PonteNoite 5+5 (18 de xuño), Santiaguiño do Burgo (25 de xullo) e o Medio Maratón (16 de outubro).