Acento pontevedrés na Mini Copa nacional de baloncesto

Pontevedra
03 de marzo 2020

O Ensino de Lugo recrutou a dúas xogadoras infantís pontevedresa, do CAB e do Arxil respectivamente, para participar no torneo de base paralelo á celebración da Copa da Raíña que terá lugar en Salamanca

Naroa Martínez, xogadora infantil do Arxil Club Baloncesto Arxil

O baloncesto pontevedrés estará presente na Mini Copa, torneo nacional de base que se celebra paralelamente á Copa da Raíña.

Do mesmo xeito que o torneo absoluto, a competición terá lugar a fin de semana do 6 ao 8 de marzo na cidade de Salamanca, coa presenza das canteiras dos equipos sénior clasificados.

Aquí é onde entra o Ensino de Lugo, único equipo galego que milita actualmente na máxima categoría do baloncesto feminino nacional e que convidou a dúas xogadoras infantís de clubs pontevedreses a participar na prestixiosa cita.

Trátase de Naroa Martínez, xogadora do Club Baloncesto Arxil, e de Carmen Portela, do CAB Pontevedra. Ambas as dúas infantís de segundo ano.

Tras o sorteo celebrado, o Ensino debutará na Mini Copa dentro do Grupo B da competición xunto a Quesos El Pastor, Lointek Gernika e Ciudad de la Laguna. Todo un reto para estas dúas promesas do deporte pontevedrés e do que seguro extraerán unha gran experiencia.