O Club Baloncesto Arxil e Bineta Ndoye separan os seus camiños, tras chegar a un acordo para a rescisión do contrato que lles unía.
Así o anunciou este martes o club pontevedrés, ao que chegou no verán a internacional senegalesa procedente do Unicaja de Málaga coa misión de converterse en peza clave do equipo fortalecendo o xogo interior das de Mayte Méndez.
Con todo o rendemento da pívot estivo por baixo do esperado, polo que se buscou unha saída.
O Arxil "quere agradecer o seu traballo durante estes meses e deséxalle boa sorte nos seus próximos proxectos profesionais", sinala o club, que xa traballa coa idea de buscar un reforzo que axude a tentar endereitar o seu rumbo na Liga Feminina 2.
Na súa breve estancia en Pontevedra, Ndoye chegou a disputar 15 partidos co Arxil, nos que alcanzou de media 5,1 puntos e 4,3 rebotes por encontro.