Derrota do Arxil en casa do Ibaizábal tras un desastroso primeiro cuarto (54-44)

Pontevedra
30 de xaneiro 2021

O Club Baloncesto Arxil volveu a caer ante o Ibaizábal, esta vez en casa do equipo vasco. Foron moi superiores as locais, que deixaron practicamente sentenciado o encontro no primeiro cuarto (24-6). Aínda que as Mayte Méndez foron mellores no segundo e terceiro acto, a diferenza do principio fora demasiado grande e terminaron caendo por 54-44

Partido entre Arxil e Ibaizábal no CGTD
Partido entre Arxil e Ibaizábal no CGTD / Cristina Saiz

O Club Baloncesto Arxil volveu a caer ante o Ibaizábal, esta vez en casa do equipo vasco. Foron moi superiores as locais, que deixaron practicamente sentenciado o encontro no primeiro cuarto (24-6).

Aínda que as Mayte Méndez foron mellores no segundo e terceiro acto, a diferenza do principio fora demasiado grande e terminaron caendo por 54-44.

Erro tras erro foi sumando o Arxil nada máis saír á cancha, véndose superado por un Ibaizábal moi efectivo de fronte ao aro que endosou un parcial de 24-6 no primeiro acto.

Ía custar dar a volta ao marcador, pero a reacción do equipo pontevedrés foi chegando aos poucos e fortaleceuse defensivamente para impedir que a renda local fose maior. Desta maneira e aínda sen dar coa tecla, chegouse ao descanso un resultado de 35-19.

O paso polos vestiarios veu ben ao Arxil, que se fixo co terceiro acto para seguir recortando e facer perigar o triunfo local grazas ao acerto en ataque de Sara Castro (11 puntos), Noelia Masía (10 puntos) e Samra Omerbasic (9 puntos).

Co 41-34 alcanzouse o último cuarto e o Ibaizábal recuperou o seu dominio. Aínda que as de Mayte Méndez pelexaron cada balón e mesmo chegaron a poñerse a 4 puntos (45-41), o equipo local volveu ser mellor nos últimos minutos e sentenciou en 54-44.

Consulta as estatísticas do GDKO Ibaizábal-Arxil