Necesitaba o Arxil unha carambola para entrar no play-off de ascenso, pero todas as contas pasaban por gañar os dous encontros que lle faltaban por xogar ata o final da competición regular da Liga Feminina 2, e fallaron na primeira ocasión.
As pontevedresas caeron na pista do segundo clasificado, o Sant Adriá barcelonés (78-66) e quedan sen opcións matemáticas de xogar a fase de ascenso á máxima categoría.
O encontro comezou igualado e cos dous equipos acertados en ataque (25-21). Xa no segundo baixou lixeiramente a produción ofensiva das verdes, cunha rotación máis curta, e a pesar da melloría defensiva as locais aproveitaron para chegar con vantaxe ao descanso (42-35).
Tras o descanso as de Mayte Méndez saíron covencidas de poder lograr a remontada, pero pasaban os minutos e a renda do San Adriá mesmo crecía (56-47) antes do últimos dez minutos de xogo.
Non deu opción o conxunto catalán e no tramo final tirou de oficio para controlar a vantaxe e pechar o partido ao seu favor.