Adrián Esperón e Patricia Martínez alcanzan as semifinais nos Xogos Mundiais

Pontevedra
31 de xullo 2017

Ata semifinais. É a rolda que alcanzou a parella pontevedresa Adrián Esperón e Patricia Martínez na modalidade estándar de baile deportivo nos Xogos Mundiais que se celebraron en Wroclaw (Polonia)

Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo
Adrián Esperón e Patricia Martínez, nunha das competicións de baile deportivo

Ata semifinais. É a rolda que alcanzou a parella pontevedresa Adrián Esperón e Patricia Martínez na modalidade estándar de baile deportivo nos Xogos Mundiais que se celebraron en Wroclaw (Polonia).

Esta competición reúne deportes non olímpicos que, como o baile deportivo, están recoñecidos polo Comité Olímpico Internacional (COI) e celébrase, tradicionalmente, o ano posterior ás olimpíadas.

Adrián Esperón e Patricia Martínez, tras superar a primeira fase da competición, alcanzaron as semifinais. Acabaron no posto 14 tras bailar tango, vals, vals vienés, quickstep e slow foxtrot 

Ao remate da competición ambos se mostraron moi contentos polo resultado ante o gran nivel que había na proba deportiva.

Os dous celebraron este resultado no aeroporto de Peinador, en Vigo, onde foron recibidos por sorpresa por familiares, amigos e alumnos da parella.