Adrián Esperón e Patricia Martínez reúnen apoios antes de afrontar o Mundial de baile deportivo

Pontevedra
27 de agosto 2015

A parella pontevedresa participará por sétima vez nun Campionato do Mundo o próximo 5 de setembro na localidade chinesa de Chengdu. Este xoves reuníronse coa presidenta da Deputación, Carmela Silva

Adrián Esperón e Patricia Martínez xunto á presidenta provincial, Carmela Silva
Adrián Esperón e Patricia Martínez xunto á presidenta provincial, Carmela Silva / Deputación de Pontevedra

Os bailarins pontevedreses Adrián Esperón e Patricia Martínez prepáranse para afrontar, o próximo 5 de setembro, o Campionato del Mundo de Baile Deportivo que se celebra na localidade chinesa de Chengdu.

Será a sétima vez que Patricia e Adrián representen a España na máxima competición internacional, na que participarán parellas de 35 países.

Antes de partir cara a chinesa, a parella reuniuse coa presidenta da Deputación, Carmela Silva, e a deputada de Deportes, Chelo Besada.

As representantes da institución provincial comprometeron a axuda da administración cos deportistas, que deben afrontar numerosas viaxes ao longo do ano.

Carmela Silva desexou sorte a ambos os dous: "Patricia e Adrián serán os embaixadores da provincia de Pontevedra polo que estou segura que nos deixarán quedar nunha situación privilexiada e acadarán o maior éxito posible en Chengdu", asegurou.