Adrián León estará "de 7 a 15 días" de baixa

Pontevedra
12 de marzo 2019

O central granate, que tivo que pedir o cambio o pasado domingo ante o Burgos por molestias no abdutor, sofre unha mircrorrotura muscular, segundo informa o club, que lle fará perderse como mínimo a próxima xornada de liga

Adrián León, nun adestramento do Pontevedra
Adrián León, nun adestramento do Pontevedra / Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol perde a Adrián León, como mínimo, para a próxima xornada de liga que se disputará o vindeiro domingo 17 de marzo en Salamanca.

O central granate foi sometido este martes a probas médicas tras pedir o cambio no duelo ante o Burgos debido a molestias musculares no abdutor da súa perna dereita.

Segundo confirmou o club, o resultado a ecografía realizada revelou que sofre unha "microrrotura" que necesitará "de 7 a 15 días" de tempo estimado de recuperación.

León únese así na enfermería a Álvaro Bustos, que xa se perdeu a última xornada por unha  elongación no xemelgo e que é dúbida para o choque no  Helmántico.

A boa noticia para Luismi está nos homes que volven estar dispoñibles tras cumprir un encontro de sanción, como é o caso de Borja Domínguez e Pedro Vázquez.