Adrián Pan, taekwondista do Mace Sport, proclámase campión de España universitario

Pontevedra
29 de marzo 2023

O primeiro título de ámbito nacional do deportista pontevedrés outórgalle o billete para o mundial universitario que se celebrará en China no mes de agosto

Sara Cortegoso, taekwondista do Mace Sport, subcampioa de España universitaria
Sara Cortegoso, taekwondista do Mace Sport, subcampioa de España universitaria / Mace Sport

Tres taekwondistas do ximnasio pontevedrés Mace Sport participaron a pasada fin de semana en Burgos no campionato de España universitario.

Na cidade burgalesa, Adrián Pan proclamouse campión nacional na categoría de -74 quilos despues de superar tres duros combates. Trátase do primeiro título de ámbito nacional que consegue o deportista do club pontevedrés que, nesta ocasión, competiu en representación da Universidade de Vigo.

Este título ábrelle a porta do mundial universitario que se celebrará en agosto en China.

Doutra banda, as súas compañeiras de equipo Sara Cortegoso e Uxía Ogea conseguiron unha medalla de prata e unha de bronce, respectivamente.