Adrián Sieiro e Jacobo Lores logran praza para o Europeo no selectivo de Trasona

Poio
10 de marzo 2015

Os padexeiros do Piragüismo Poio acudiron ao segundo selectivo de augas tranquilas. Sieiro clasifícase ademais para a Copa do Mundo en Portugal

Jacobo Lores e Adriáan Sieiro, palistas do Piragüismo Poio Club Escuela Piragüismo Poio

Bo papel dos padexeiros do Piragüismo Poio no segundo selectivo de augas tranquilas celebrado no encoro asturiano de Trasona.

Alí competiron Adrián Sieiro e Jacobo Lores, gañando o dereito a participar no próximo Campionato de Europa Absoluto na distancia de C-2 200, na que se impuxeron aos baleares Sete Benavides e Tony Segura.

Nas modalidades individuais tamén destacou Sieiro, aínda que neste caso se viu superado por Benavides nas dúas quendas do C-1 200. O balear levouse a praza para o Europeo de Milán, primeiro preolímpico, mentres o padexeiro pontevedrés foi segundo superando outros cinco deportistas para clasificarse para a Copa do Mundo de Portugal.

En distancia non olímpica, o C-1 500, o posto de honra para o Campionato de Europa si correspondeu ao piragüista do Poio, por diante de Rogelio Figueiras.

Tras lograr clasificarse agora comeza outra carreira para os padexeiros galegos, a do financiamento, xa que deberán custearse a viaxe a Milán.