O piragüismo galego e pontevedrés segue dando boas noticias nos Xogos Europeos que se están a celebrar na localidade polaca de Cracovia.
Se o xoves Antía Jácome daba cunha prata a primeira medalla á delegación pontevedresa, este venres Adrián Sieiro meteuse na final da súa proba, o C-1 500 metros.
O padeeiro pontevedrés do Náutico O Muíño finalizou terceiro na súa serie (1:51.210) por detrás do romanés Catarin Chirila e o moldavo Serghei Tarnovschi, logrando o último billete directo á final do sábado (12.57 horas).
A xornada contou ademais con dúas medallas con sabor do Morrazo, grazas ao ouro do K-4 500 metros do español no que rema o cangués Rodrigo Germade e e o bronce do tamén cangués Pablo Graña no C-1 200 metros.