Águeda Cons e Paula Goyanes, na concentración nacional de augas abertas

Pontevedra
17 de agosto 2016

As nadadoras do Galaico inician este venres unha concentración no Centro de Alto Rendemento de San Cugat (Barcelona) na que prepararán a súa participación no próximo Campionato de Europa

Equipo junior do Galaico recibido no Concello
Equipo junior do Galaico recibido no Concello / Mónica Patxot

Sen apenas descanso tras as súas últimas competicións, Águeda Cons e Paula Goyanes afrontan desde este mércores 17 de agosto unha concentración co equipo nacional de augas abertas.

As dúas nadadoras do Galaico adestrarán ata o día 31 no Centro de Alto Rendemento de San Cugat (Barcelona), onde prepararán a súa participación no próximo Campionato de Europa Junior e Infantil desta modalidade.

No Europeo, que se celebrará na localidade italiana de Piombino do 9 ao 11 de setembro, Águeda nadará a proba dos 7,5 quilómetros e Paula os 10 quilómetros.

Na concentración de San Cugat participan 15 deportistas de toda a xeografía nacional. Ademais tamén está presente Luisa Domínguez, adestradora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.