Non puido completar os 7,5 quilómetros da proba individual, como estaba previsto, pero a súa participación na remuda resultou decisiva para lograr a medalla de ouro.
A pontevedresa Águeda Cons proclamouse en Italia campioa de Europa de augas abertas na categoría de remuda mixta infantil.
A nadadaora do Galaico participou co equipo nacional xunto a Sergio Santisteban, Carlos Quijada e Alba Romero, completando os 25 quilómetros de percorrido cun tempo de 58.52:7, seguidos moi de preto de Hungría (58.53:3) e de Italia (58.55.4).
Un gran resultado para Águeda, a quen acompañou na localidade italiana de Piombino unha das súas compañeiras no Natación Galaico, Paula Goyanes, que finalizou no posto 13 na categoría junior individual.